O GROVE> Comprender que o almorzo é a comida máis importante do día e polo en práctica. Iso foi o que fixeron esta mañá sesenta nenos do colexio público de Barrantes na Escola Comarcal de Hostalería que se encontra no centro vacacional da Lanzada. Os alumnos do Obradoiro de Emprego amosáronlles o importante de seguir unha boa alimentación e o fácil que pode ser crear un almorzo equilibrado e saudable.
Lácteos, hidratos, froita e proteínas. Todo de be estar contido nun almorzo se o queremos considerar equilibrado, pero son poucos os que inclúen cada alimento correctamente e moitos os que tan sequera almorzan polas mañás.
Hoxe os alumnos do colexio público de Barrantes visitaban o Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés para coñecer da man dos seus alumnos cómo empezar o día cunha comida sa que lles dará a enerxía necesaria para cumprir coas súas tarefas diarias.
Algo máis tímidos ao principio, a algúns houbo que animalos a que probaran cousas novas e diferentes e algúns ata remataron repetindo.
Dende o obradoiro puideron pór en práctica nesta ocasión os seus coñecementos e habilidades cun público esixente que, coa súa axuda, aprendeu a comer de maneira máis variada e saudable, algo que esperan se traslade tamén aos seus fogares.