O PSOE sonense denuncia cobros irregulares por parte de membros do executivo

    PSOE> A voceira do grupo socialista, Josefa Hermo, acusa ó executivo de pagar dez mil euros no que vai de lexislatura a dous edís do equipo de goberno. O PSOE sonense levará ó pleno deste xoves unha nova solicitude de información referida ós presuntos cobros irregulares de dous edís do PP, no equipo de goberno, que ó parecer cobraron máis de dez mil euros no que vai de lexislatura pos aistir a Xuntas de Concelleiros Delegados das que non hai constancia que se celebraran. A voceira desta formación política, Josefa Hermo, sinala que estes dous concelleiros, que non teñen dedicación exclusiva nin parcial, cobran 150 € por asistir a estas xuntas semanais. A socialista afirma que levan dende o comezo da lexislatura solicitando as actas desas xuntas a través de peticións no rexistro do Concello e rogos nos plenos sen obter resposta. Dende o PSOE sonense non descartan acudir ó Valedor do Pobo. Para os socialistas estes pagos por asistencia a Xuntas a estes dous edís, súmanse tamén as cinco dedicacións exclusivas coas que conta actualmente o equipo de goberno o que supón un gasto anual de máis de 200 mil euros. Unha cantidade que consideran totalmente desproporcionada para un Concello coma o de Porto do Son que non supera os dez mil habitantes.