Arte e Cultura para previar a drogodependencia

    BOIRO> A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte volve renovar o seu compromiso de colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico. A través dun convenio porán en marcha actividades culturais e de ocio encamiñadas á prevención das drogodependencias entre a mocidade. Despois de que o ano pasado se realizasen diversas actividades deportivas como alternativa de ocio, este ano a Fundación Galega contra o Narcotráfico centrará na arte e a cultura a súa oferta de lecer para os mozos. A través do convenio que vén de renovar coa Mancomunidade Arousa Norte, desenvolveranse actividades culturais nos centros educativos de toda a comarca do Barbanza. A Fundación leva anos apostando por intensificar os labores de prevención no Barbanza, unha zona especialmente sensible no consumo e tráfico de drogas. Ademais da prevención temperá, dende a idade escolar, o presidente da Mancomunidade considera preciso tomar medidas exemplares prohibindo o acceso á vida pública ós implicados en causas de narcotráfico, xa que son os responsables desta lacra social. O convenio, cun ano de duración, contempla unha achega de dous mil euros así como a cesión de espazos e colaboración na organización das actividades.