DODRO> O concello de Dodro, en colaboración cos municipios de Padrón e Rois, vén de poñer en marcha unha campaña de colaboración para axudar ó seu deportistas máis recoñecido que quedou sen o principal patrocinador. O triatleta, Uxío Abuín, Campión do Circuíto Europeo 2015 e da Copa de Europa de Madrid, entre outros logros, podería quedarse este ano sen poder participar nas principais probas do calendario internacional ó perder ó seu principal patrocinador, a firma conserveira Calvo. Ante esta situación e co fin de axudarlle na súa carreira profesional, o concello de Dodro vén de iniciar unha campaña de recadación de fondos para que este deportista poida lograr o seu soño e seguir competindo ó máximo nivel. A idea pasa por axudarlle cunha doazón dun euro ou a cantidade que se considere oportuna, habilitando un número de conta: ES26 2080 0304 6130 4002 2524 na que calquera veciño ou entidade pode colaborar. Ademais está previsto instalar petos en tódalas dependencias municipais e en establecementos comerciais do municipio para contribuír tamén con esta nobre causa. Na iniciativa colaboran tamén os concellos de Padrón e Rois, así como o Club Deportivo Dodro. Para máis información: http://uxioabuin.blogspot.com.es/.
Inicio Deportes