Unhas 50 embarcacións participarán na III Travesía de Catoira

travesia_catoira250_290709.jpgCATOIRA> Un total de 22 clubs participan este sábado na terceira Travesía Concello de Catoira, puntuable para a Copa Xunta de Ríos e Travesías. A proba está organizada polo club As Torres Romaría Vikinga, que tamén celebrará o venres unha regata amigable con 200 rapaces. As probas foron presentadas esta mañá no Concello de Catoira.

{flowplayer}images/salnes/travesia_catoira.flv{/flowplayer}

CATOIRA> O concello de Catoira acolle este sábado unha proba da Copa Xunta de Ríos e Travesías, a terceira Travesía Concello de Catoira na que participarán en total 22 clubs de toda Galicia. Disputaranse as modalidades de K-2 e C-2 tanto en homes como mulleres, nas categorías cadete, júnior e sénior, con saídas ás dez e media, once e cuarto e doce da mañá. Os sénior moverán en total 50 embarcacións.

A competición desenvolverase no río Ulla e, se a marea o permite, está previsto que os cadetes e júnior fagan un porteo e que os sénior fagan dous, é dicir, que saian da auga coa embarcación ás costas e se volvan a incorporar. Unha modalidade propia do maratón.

Pero non será a única cita co piragüismo. O Club As Torres organizou para este venres unha regata amigable para alevíns, benxamíns e infantís na que participarán 12 clubs da provincia, cun total de 200 rapaces. Ambas probas inclúense no programa da Romaría Vikinga de Catoira.

Redacción Salnés