![]()
PONTEVEDRA> Alfredo Bea e Esteban Alonso, presidente e vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo, ofreceron esta fin de semana unha rolda de prensa no Centro Deportivo de Pontillón do Castro, en Verducido. Nela presentaron o informe das deficiencias estruturais que teñen os clubes de Galicia. Din que a maioría conta cunhas instalacións lamentables.
{flowplayer}images/salnes/FrediBea_250510.flv{/flowplayer}
Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo afirmou que a situación de moitos dos clubes galegos é precaria, e que por iso queren poñerlle fin a esta realidade acudindo ás administracións que sexan necesarias para conseguir axudas.
Durante os últimos meses a federación estivo recollendo información de primeira man sobre as necesidades dos clubes galegos, para o que lles solicitaron idocumentación sobre o estado das súas instalacións. En total, case unha quicena de clubes, entre eles o Club Morcego de Boiro, o Club Kayak de Mar Ria Muros Noia, o, Club Piragüismo Rianxo, o Cambados ou As Torres de Catoira remitiron os seus informes detallados con fotografías á federación.
A maioría destas entidades padecen de falta de espacio, de humidade nas súas instalacións e de material deportivo. O caso máis sangrante é o do Club Muros Noia.
Bea cre totalmente prioritario transmitir tódolos datos recabados ás administracións, para poder conseguir inversións que axuden a coidar ós grandes campións cos que conta Galicia.
Redacción Salnés






