O PP pobrense reclama información sobre o novo centro de saúde

POBRA> Segundo os populares descoñécense as actuacións levadas a cabo por parte da actual Alcaldía neste asunto, a pesar de ser para eles unha obra de vital importancia para o municipio. Dende o PP lémbranlle ó equipo de goberno que é o Pleno municipal o único órgano que ten as competencias para debater temas de tal transcendencia, como é o caso de decidir ou non si se realiza a dita construción. Neste sentido aluden á sesión plenaria celebrada xa en febreiro do 2013 pola anterior corporación na que se acordou poñer a disposición da consellería de Sanidade unha parcela de mais de 2.600 m2, doados pola familia Losada Fernández, a carón do cemiterio do Caramiñal para levar a cabo a dita actuación. Segundo eles se os terreos non son empregados para esa finalidade reverterán de novo a familia. Por esta razón, e ante o descoñecemento das xestións levadas a cabo polo equipo de goberno, reclaman no concello un informe detallado de todas e cada unha das xestións levadas a cabo ante a Xunta de Galicia, en relación a este proxecto.