A deputada provincial de Mar reúnese coa confraría da Pobra para perfilar as axudas ó sector

A POBRA> A deputada provincial de Mar, Cristina Capelán, mantivo un encontro con representantes das confrarías da Pobra e Rianxo. Alí recolleu as principais demandas do sector relacionadas principalmente coas subvencións destinadas a paliar a caída da produtividade.

Ademais dunha toma de contacto, a reunión desenvolvida esta mañá no concello da Pobra entre representantes da confraría e a deputada provincial de Mar, Cristina Capelán, serviu para avanzar nun mellor deseño das subvencións que a Deputación da Coruña convoca anualmente para as confrarías. Este ano introduciu novidades incorporando unha segunda liña destinada á exaltación dos produtos pesqueiros.

Os responsables do pósito pobrense transmitiron tamén algunhas das súas suxestións de cara a futuras convocatorias nas que ademais dun incremento da partida orzamentaria demandan a cobertura do cen por cento das contratacións para garantir a viabilidade das confrarías máis pequenas.

Tralo seu paso por Pobra, Cristina Capelán desprazouse ata Rianxo onde mantivo unha xuntanza con responsables municipais e da confraría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí