POBRA> A Pobra celebrou tamén esta pasada fin de semana a Feira Mariñeira. Durante toda a fin de semana as principais rúas e prazas do casco antigo estiveron engalanadas con esta temática.
Nos Xardíns Valle-Inclán, na praza do Cantón da Leña ou na Victoriano García Martí, entre outras, instaláronse numerosos postos con produtos de artesanía e alimentación.
Tampouco faltou a animación de rúa, con espectáculos itinerantes e actuacións musicais que fixeron as delicias do público asistente.