A POBRA> O concello da Pobra actualizará o inventario municipal de camiños durante o primeiro trimestre de 2022. Os veciños dispoñen dun prazo de 20 día para formular alegacións.
O concello da Pobra continúa co proceso de actualización do inventario de camiños municipais. Finalizada a revisión das preto de mil vías existentes no termo municipal, procederase á súa publicación no BOP.
Animan ós veciños que aínda non o fixeran a formular as alegacións que estimen oportunas.Se precisan asesoramento ou desexan consultar o inventario poden dirixirse ó departamento de Urbanismo situado na planta baixa da casa do concello.