Os barcos de ACERGA volven ó mar con dez mil quilos de tope mensual

    PORTO DO SON> Máis dun cento de embarcacións de ACERGA volveron ó mar tras tres meses amarradas. Ante a escaseza da cota, a asociación estableceu un cupo de dez mil quilos mensuais para repartir as capturas ó longo de toda a campaña. Tal e como acordaran a pasada semana en asemblea, os cerqueiros volvían este luns ó mar coa expectativa de encontrar o caladoiro en boas condicións despois de tres meses sen actividade. Os dez mil quilos mensuais dos que disporá cada embarcación de ACERGA non dan apenas para rendibilizar o traballo pero é a única saída que lles queda ante a escaseza de cota con que contan para todo o ano. A volta ó mar non significa nin moito menos a conformidade co reparto. Seguirán adiante co seu calendario de mobilizacións en protesta polos criterios que rexen a distribución de cotas entre comunidades.