BARBANZA> A Plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza apela a unha maior coordinación entre entidades mentres non se regule a a lexislación sobre execucións hipotecarias. Neste sentido, o voceiro da plataforma barbanzá amosou a súa satisfacción ante a convocatoria da comisión municipal de desafiuzamentos do concello de Vilagarcía para buscar solución á situación dunha familia nesta situación. Trátase dunha muller vítima de violencia de xébero, cun fillo menos de tres anos e apenas ingresos familiares polo que se atopna á espera da concesión da xustiza gratuúta para oponerse á execución hipotecaria. Dende a plataforma agardan que se anule dita execución en base á nulidade radical do préstamo concedido no seu momento xa que, din, a entidade vulnerou as normas esixibles sobre transparencia bancaria.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










