Boiro Novo urxe a mellora da contorna da antiga Boiromar

    BOIRO> Boiro Novo presentará unha nova alegación ós orzamentos municipais solicitando que se habilite unha partida para mellorar a seguridade no entorno da antiga fábrica de Boiromar. Con esta actuación, presupostada en doce mil cincocentos euros, darían resposta ás demandas dos residentes da zona que denuncian o deterioro das instalacións. Atendendo ás propias demandas dos veciños do Chazo, que dende hai tempo veñen denunciando o estado de abandono das antigas instalacións da conserveira Boiro Mar, o grupo municipal de Boiro Novo decidiu incluír unha alegación nos presupostos deste ano para que se habilite unha partida específica de doce mil cincocentos para este fin. Unha vez realizada a actuación, dende Boiro Novo sinalan que os gastos asumidos polo concello sexan despois requiridos á propia empresa propietaria das instalacións. Como ós propios residentes na zona, dende Boiro Novo temen que poida producirse unha desgraza antes de proceder á toma dunha decisión. Para eles o concello é un órgano competente para actuar neste caso, debido á falla de seguridade a insalubridade na que se atopa actualmente a nave.