O BNG convida á cidadanía a participar na elaboración do seu programa

    BOIRO> O BNG de Boiro convida á cidadanía a participar na asemblea que terá lugar este sábado na casa da cultura da Cachada. o obxectivo é recoller as propostas da veciñanza para incorporar ó futuro programa electoral. Dende o pasado mes de outubro, o BNG de Boiro celebra asembleas abertas á cidadanía co obxectivo de elaborar un programa electoral común, que teña en conta as demandas da sociedade. Este sábado terá lugar un novo encontro ó que están convidados tódolos veciños que desexen aportar algo ó proxecto nacionalista. Ademais de dar a coñecer as súas propostas, os nacionalistas pretenden conformar un proxecto plural de cara ás próximas eleccións polo que abren ás súas portas á concorrencia de cidadáns, militantes ou non, interesados en participar activamente na política municipal.