Cambados estrea nome e web en FITUR

    CAMBADOS> Presenza importante do concello de Cambados na Feira Internacional de Turismo onde deu a coñecer a súa nova imaxe dentro da presentación da Ruta do Padre Sarmiento que presentaba a Mancomunidade do Salnés e discorre en gran parte polo municipio.

     

    Cambados presentou esta tarde en FITUR a súa nova marca promocional “Cambados Enoturismo” e con ela a web na que todos aqueles curiosos poderán acceder a contidos de interese acerca da cultura do viño que rodea a coñecida como capital do albariño.

    Con esta nova imaxe Cambados espera poder traer aínda máis visitantes a unha localidade que é destino por excelencia dos amantes do viño.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/cambados_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/cambados_fitur.mp4{/flowplayer}