A compañía Clámide representará a obra ‘O que non dixo Guillerme’ para colaborar con UNICEF no seu programa de educación das nenas. A obra será representada no Auditorio de Vilagarcía o domingo ás oito da tarde. Os interesados na obra ou ben en colaborar coa organización benéfica poden facelo de varias formas.
‘O que non dixo Guillerme’ é unha obra para tódolos públicos baseada na obra de Shakespeare, Romeo e Xulieta. Os beneficios recadados irán a parar a UNICEF para colaborar na educación das nenas do terceiro mundo. Lembren, o domingo ás oito da tarde no Auditorio de Vilagarcía.
Redacción Salnés