Os afectados polo viaduto do Ulla reclamarán ante Fomento

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/denuncia_afectados_viaduto_ave_2601161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/denuncia_afectados_viaduto_ave_260116.mp4{/flowplayer} RIANXO> Preto dun cento de veciños, afectados pola expropiación temporal para as obras do viaduto do Ulla do tren de alta velocidade, denuncian o mal estado en que se atopan os seus terreos. Presentarán unha reclamación ante Fomento esixindo que se restitúa o estado orixinal das súas fincas que quedaron practicamente inservibles. Hai doce anos cando se expropiaron temporalmente as fincas afectadas polo viaduto do AVE na parroquia rianxeira de Isorna, a empresa concesionaria das obras comprometeuse a devolver os terreos no seu estado orixinal cando finalizasen os traballos. Sen embargo, en agosto do ano pasado os propietarios comezaron a recibir por correo a comunicación do remate das obras e o replanteo das fincas. Cando se achegaron ata a zona atopáronse coa desagradable sorpresa de que os terreos non están ben delimitados, carecen de accesos e se atopan en moi mal estado xa que as augas non están canalizadas. Con esta situación, é imposible que volven utilizarse como zonas de cultivo, tal e como adoitaban facer. Os afectados xa comezaron a organizarse a través dunha recollida de firmas que presentarán ante o Ministerio de Fomento esixindo a restitución dos terreos ó seu estado orixinal. Tamén estudan dirixirse ó Valedor do Pobo e emprender outras medidas de presión para ser escoitados. Na súa reivindicación contan tamén co apoio de toda a corporación rianxeira. En outubre aprobouse unha moción presentada polo grupo socialista, que encabeza a representante dos afectados Mari Carmen Figueira, para que se cumpran as garantías dadas no seu día pola empresa. Polo momento, non solicitarán indemnización; tan só piden poder volver traballar as súas fincas coas condicións e servizos axeitados.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí