Por primeira vez a oposición terá dedicacións parciais en Ribeira

RIBEIRA> O executivo en minoría de Manuel Ruíz logrou sacar adiante a proposta de organización do goberno. Finalmente haberá tres dedicacións exclusivas, a do alcalde e a dos edís María José Sampedro e Emilio Pérez Outeiral.

O Partido Popular logrou sacar adiante finalmente a súa proposta de organización do novo goberno: composición das xuntas de goberno local, comisións informativas, dedicacións e persoal de confianza. Fíxoo por maioría, grazas ós seus nove votos e ás abstencións do BNG e do Partido Socialista. Pola contra PBBI e Suma Ribeira votaron en contra criticando, entre outros aspectos, o desproporcionado dos soldos propostos.

Foi un pleno no que non faltou a polémica, con chamadas contínuas á orde por parte do rexedor ata os que hai pouco tempo eran os seus compañeiros de filas…

Unha das principais novidades aprobadas onte no pleno é que os grupos da oposición si terán dedicacións parciais, aínda que alguén a rexeita.

A periodicidade dos plenos seguirá sendo mensual.