Quince parados buscan saídas na hostalería

    CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés continúa apostando pola formación dos desempregados. Quince alumnos estanse a formar no curso de Hostalería dentro do programa Emprega Salnés Catro, que ten en marcha o ente dende o mes de outubro. De impartir o obradoiro encárgase o chef cambadés Antonio Botana, que mesturará cociña vangardista e tradicional.

    Quince desempregados da comarca están máis preto de reorientar o seu futuro laboral. Están a participar no curso básico de Hostalería do programa Emprega Salnés Catro, organizado pola Mancomunidade do Salnés.

    De impartir o obradoiro encárgase o chef cambadés Antonio Botana, que imparte a formación no seu restaurante Pandemonium da capital do albariño. Durante as 80 horas do curso, Botana comprimirá as nocións básicas da hostalería tradicional e vangardista.

    A maioría dos alumnos teñen experiencia en hostalería, pero con estes cursos apostan pola profesionalización. Uns coñecementos dos que se vai beneficiar o turismo, un dos sectores máis puxantes da comarca de O Salnés.

    En total, son 100 desempregados os que están a participar na cuarta edición do Emprega Salnés. Un programa que nas pasadas edicións conseguiu unha elevada taxa de inserción laboral para os seus alumnos.

    Ao rematar este curso de Hostalería, a Mancomunidade porá en marcha unha nova edición na que outros 15 alumnos poderán formarse entre os fogóns do chef Antonio Botana.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/hostaleria_mancomunidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/hostaleria_mancomunidade.mp4{/flowplayer}