Os escolares coñecen os preparativos das tripulacións para a Volvo Ocean Race

Esta mañá chegaban os primeiros escolares o porto deportivo de Sanxenxo para coñecer en profundidade cómo se están preparando os equipos para a Volvo Ocean Race. Hoxe tiveron a oportunidade de falar cun membro do equipo Movistar quen lles explicou cómo viven os tripulantes na volta o mundo, os aventaxados alumnos non perderon detalle.

A volta o mundo de vela é unha das competicións máis importantes neste deporte e os alumnos do concello de Sanxenxo tiveron a oportunidade de comprobalo. Os rapaces visitaron o porto deportivo, onde se atopan algúns dos barcos que competiran na Volvo Ocean Race. Un membro do equipo Movistar, foi o encargado de contarlles cómo funciona a tripulacíón nas competicións. Para non esquecer o aprendido os cativos tomaron moitas notas.

Algunhas das cousas que máis chamaron a atención ós cativos foron as subidas dos tripulantes ó mastro e a comida en po. Fixeron moitas preguntas como por exemplo que ocorre se aparece un maremoto. Como pudemos observar os nenos sempre pensan nas peores condicións de navegación. Outra das cousas que lles chamaron a atención e a cor da embarcación movistar. Eles están acostumados a  ver o logotipo da operadora nun escuro azúl ainda que todo ten a sua explicación.

O que está claro é que estes rapaces serán os escargados de animar o equipo español na súa saída dende o porto de Sanxenxo.

Redacción Salnés