O Arosa incorpora ó lateral dereito Javi Veloso

VILAGARCÍA> O vigués chega á disciplina arlequinada cedido polo Coruxo ata final de tempada. Xoga como lateral dereito e acaba de recuperarse dunha rotura do ligamento cruzado o pasado xuño.

 

Veloso iniciou a súa carreira deportiva na canteira do Colexio Hogar para logo dar o salto ó RC Celta de Vigo, onde completou a súa etapa de formación. Tras deixar o conxunto vigués marchou ó Coruxo, desde onde chega agora cedida ó Arosa. Asegura ter moitas ganas de comezar. Xa comezou a adestrar trala lesión, e aínda que non coñece a ningún dos seus novos compañeiros, di chegar con moita forza. Este domingo, irá a velos na Lomba.