O Breogán tenta a Tito, pero o técnico quédase en Vilagarcía

VILAGARCÍA> O interese do Leite Río Breogán en facerse cos servicios do técnico Tito Díaz, mantivo onte en vilo á afección do Extrugasa. A incógnita desvelouse contra as nove da noite na sede do club: Tito quédase en Vilagarcía.

{flowplayer}images/salnes/EXTRUGASA_141210.flv{/flowplayer} 

Nin o Leite Río Breogán move a Tito Díaz de Vilagarcía. O club da súa cidade natal, no que xogou ó máximo nivel e do que aínda é socio, pensou nel como substituto de Rubén Domínguez. O club celeste pasa por unha delicida situación na Adecco LEB Ouro e precisa dun revulsivo. A información do interese, que non oferta, do Breogán, filtrouse á prensa e montouse un pequeno lío que Tito quixo curtar de ráiz. A primeira hora da tarde reuniuse coa directiva do Extrugasa, aclarouse o malentendido e saíron coa relación aínda máis reforzada.

Tito Díaz aclarou que dende a súa chegada ó Extrugasa tiña o compromiso da directiva de deixalo ir en caso de que chegase unha oferta importante por el. Outro quizáis tivera marchado, él quédase animado polos folgos que lle transmitiron os que mandan, deseosos de que o club siga medrando.

Pasada a polémica do pavillón e o ‘miniculebrón’ de Tito Díaz, o equipo céntrase tan só no deportivo, que ven sendo o partido de mañá ante o Ibiza, suspendido a semana pasada.

Redacción Salnés