Noia móvese contra o cancro

NOIA> Noia acollerá este próximo sábado a quinta edición da Marcha contra o Cancro. A cita, que arrancará a partir das cinco da tarde dende a alameda noiesa, aspira a superar os dous mil participantes.

Baixo a organización da delegación noiesa da Asociación Española contra o Cancro e co patrocinio do Concello e Noia Histórica, ademais da colaboración doutras entidades, este próximo sábado, a partir das cinco da tarde, celebrarase a quinta edición da Marcha contra o Cancro. Con saída e meta na Alameda noiesa, os participantes farán un percorrido de 3 km polo casco histórico e o paseo marítimo da vila. A cita aspira a superar os dous mil participantes.

Dende o Concello destacaron a importancia desta proba de carácter solidario, facendo un chamamento a veciños e visitantes a participar nela, xa que todo o que se recade irá a parar a loita contra esta enfermidade.

Para colaborar, só é preciso anotarse na proba e aboar unha cota de 5 euros, que inclúe unha camiseta conmemorativa. As inscricións poden facerse online ou persoalmente nos establecementos adheridos a Noia Histórica ata o vindeiro 19 de setembro. Tamén será posible anotarse diante da casa do concello o venres entre as seis e as oito da tarde, e o propio día da marcha, dende primeiras horas da mañá ata minutos antes do inicio da proba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí