SALNÉS > Mañá teremos de novo fútbol. Adiántase unha xornada correspondente ó mes de decembro, polo apretado que está o calendario.
O Vilalonga buscará a súa segunda victoria consecutiva na casa, tralo 1-0 da fin de semana ante o Lemos. Enfrente terá a un Negreira en horas baixas, que ven de sacar só dous puntos dos últimos doce posibles.
Por outra banda, o Céltiga, o equipo da comarca que mellores sensacións está deixando nas últimas semanas, buscará a súa terceira victoria consecutiva da man do pichichi Adrián Nieto. Enfrente terán a un Coruxo un tanto irregular, tralo bo inicio de temporada.
Outro que arrastra unha mala xeira de resultados é o Arousa. Só puido arañar un empate nos últimos cinco encontros. Mañá visita ó Verín, instalado na zona tranquila da táboa e que se fai forte cando xoga na casa.
Por último, outro que viaxa fóra: o Portonovo. Os de Piscis terán que demostrar de novo que están a mellorar, sobre todo tralo bo partido que fixeron contra o Cidade de Santiago. O seu rival será un Santa Comba que ven de gañar tres dos seus últimos catro partidos.
Todos xogan este xoves a partires das 4 e media da tarde, a excepción do Vilalonga, que o fará ás 12 da mañá.