Preséntase en Poio a 51ª edición da Regata Martín Códax

POIO> A mediados do mes que ven celebrase unha nova edición da proba senlleira da náutica galega: a cincuenta e unha edición da Regata Martín Códax Rías Baixas, na que se sucarán de novo as augas das Rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Esta mañá presentábase en Poio.

Nuns doce días as augas das Rías Baixas volverán a ser o escenario para o desenvolvemento dunha das regatas máis importantes e senlleiras do panorama nacional: a Regata Martín Códax Rías Baixas. Desputarase do 13 ó 16 de agosto nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. A regata sucederase en catro etapas que completan un percorrido de case 100 millas para os grupos 1 e 2; mentres que os ORC 3,4 e a clase open farán unhas 75 millas. O prazo para anotarse segue aberto. A organización agarda a que sexan aproximadamente uns 110 barcos os que se animen a participar. Contan tamén con xerar unha importante expectativa nos portos de paso; en Combarro por exemplo prevén que se acheguen ata tres mil persoas. Mais información na web regatariasbaixas.es.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/REGATA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/regata_martin_codax_poio.mp4{/flowplayer}