Xosé Ramón Romero único candidato á presidencia da FEB

    BARBANZA> Este mediodía, ás dúas, remataba o prazo para a presentación de candidaturas á presidencia da Federación de Empresarios do Barbanza. Finalmente tan só houbo unha candidatura presentada, á do actual presidente, Xosé Ramón Romero, candidato da Asociación Boirense de Empresarios, que deste xeito optará a reelección. A reunión da asemblea xeral extraordinaria da patronal comarcal na que se procederá á elección do novo presidente está convocada para o vindeiro xoves catro de febreiro ás nove da noite na propia sede da FEB, situada no centro social de Boiro.