Marisol Villar renuncia ás súas responsabilidades de goberno

    NOIA> A concelleira do NOIA abandona o goberno municipal aínda que mantén a súa acta de edil. A brecha interna no goberno noiés é cada vez evidente. Tras meses apartada da actividade municipal por unha baixa laboral, Marisol Villar, ata o de agora tenente alcalde de Noia, renunciaba a tódalas responsabilidades no executivo. Villar, que mantén a súa acta de concelleira pero renuncia á dedicación exclusiva, alude a desacordos na xestión municipal como principal motivo da súa decisión. Esta dimisión prodúcese nun clima moi convulso coa ameaza dunha posible moción de censura ó alcalde, que de producirse, tería que contar co apoio dos dous edís do NOIA, Marisol Villar e o seu compañeiro de formación, José Pérez.