As Mareas municipalistas camiñan cara a candidatura unificada

    POBRA> Na xuntanza celebrada na Pobra achegáronse posturas de cara a elaboración dunha candidatura que concorra ós vindeiros comicios autonómicos. A celebrada na Pobra do Caramiñal é a segunda das reunións que as Mareas municipalistas están a desenvolver nas últimas semanas coa finalidade de crear unha candidatura unificada para os vindeiros comicios autonómicos. Algo que xa está moi avanzado. Na xuntanza, na que tomaron parte representantes de trinta e sete agrupacións de toda Galicia, constituíronse varios grupos de traballo, nos que se analizaron temas concretos para incluír no futuro programa da formación. A intención é buscar a maior participación posible. Nas próximas semanas está previsto que se volva a convocar unha nova xuntanza, previsiblemente nalgunha localidade da provincia de Lugo, para seguir avanzando na constitución dunha candidatura unificada ás eleccións autonómicas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí