Monbus comprométese a incrementar as frecuencias e mellorar o servizo de transporte en Ribeira

RIBEIRA> Monbus comprometeuse a incrementar as frecuencias e mellorar o mantemento dos autocares na xuntanza mantida esta mañá con representantes veciñais no concello de Ribeira. Así mesmo, estudarase unha mellor coordinación para facilitar os desprazamentos ó hospital do Barbanza dos usuarios procedentes doutras parroquias.

As representantes dos usuarios afectados polo problemas de transporte con Monbus, que promoveron unha campaña de recollida de sinaturas saíron con boas impresións da xuntanza celebrada esta mañá con responsables da empresa e da consellería de Mobilidade así como o alcalde de Ribeira. Durante preto de hora e media tiveron ocasión de trasladarlles as súas inquedanzas que a firma concesionaria comprometeuse a resolver. A principal: o incremento das frecuencias a primeiras horas da mañá.

A empresa comprometeuse tamén a solucionar este problema de falta de información coa colaboración do concello que procederá a instalar dispositivos para colocar os horarios en papel e mediante código QR. Pola súa banda, o concello solicitou a Monbus que habilite unha liña directa ó hospital do Barbanza cada hora e ofreceuse a financiar os transbordos para que os usuarios que veñan das parroquia só teñan que pagar unha viaxe.

Outra das demandas refírese á falla de  autocares adaptados para a que a empresa pon a disposición dos usuarios con mobilidade reducida un teléfono para solicitar o servizo.Queda pendente de mellorar a limpeza e o mantemento dos coches posto que na actualidade non dispoñen dunha nave na que proceder ó acondicionamento dos vehículo. Para notificar calquera incidencia, os ususrios poden facelo a través do correo infor@monbus.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí