A orquestra Sons rende tributo ós referentes da música LGTBI

RIBEIRA> A orquestra Sons renderá tributo a músicos que ó longo da súa carreira contribuíron a dignificar o colectivo LGTBI. No concerto previsto para o 1 de febreiro, subirán a escena un cento de artistas de toda Galicia para interpretar temas icónicos de Rocío Jurado, Alaska ou Tino Casal, entre outros.

Este venres sairán á venda as entradas para o concerto que a orquestra Sons ofrecerá no auditorio de Ribeira o 1 de febreiro. Un cento de artistas de toda Galicia, entre eles unha vintena de talentos locais, subirán ó escenario para interpretar temas de grandes iconas que son ou foron referentes musicais para o colectivo LGTBI.

O Coro Cores e o colectivo Alas colaboran tamén no concerto no que soarán temas de Rocío Jurado, Alaska, Queen, Tino Casal ou Rafaella Carrá.

O prezo das entradas é de 24 euros máis gastos de xestión Pódense adquirir en www.ataquilla.com ou na oficina de Atención Cidadá do concello.