O concello da Pobra e Confraría asinan un convenio de colaboración

POBRA> O acordo permitiralle ó Concello o uso de parte dos locais do pósito na rúa Castelao, así como tamén da máquina limpraias. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e o patrón maior, Xoán Miguel Iglesias, asinaban o convenio de colaboración entre ambas entidades que lle permitirá ó Concello poder seguir empregando o tractor limpapraias propiedade da Confraría, así como tamén a cesión de parte do local que o pósito posúe na rúa Castelao, sede da antiga Confraría, que será destinado a actos culturais e asociacións. O patrón maior destacou tamén a importancia deste acordo, que vén a plasmar a colaboración entre as dúas entidades, despois de anos de distanciamento. O convenio, por importe de oito mil euros, terá unha periodicidade anual, renovable cada ano se existe acordo entre ambas partes.