O concello do Son e o Náutico de Portosín promoven a vela entre os máis pequenos

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son e o Club Náutico de Portosín volven poñer en marcha a escola de vela. Vai dirixida a nenos de entre 8 e 12 anos que queiran iniciarse neste deporte.

Por terceiro ano consecutivo, a colaboración entre o concello sonense e o Náutico de Portosín permitirá promover o deporte da vela entre os máis cativos.

A cota mensual é de 39 euros. Os participantes non teñen que aportar material posto que o club pon á súa disposición tanto as embarcacións como chalecos e demais útiles necesarios para a navegación.

Os cativos terán ocasión de adestrar baixo as ordes de Iago López Marra, deportista olímpico que iniciou tamén a súa carreira nestas augas.

Os interesados poden solicitar máis información tanto nas instalacións do náutico como na oficina de deportes do concello. Como oferta de promoción, o mes de outubro será de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí