Ribadumia resígnase por segundo ano consecutivo a unha Festa do Tinto ‘descafeinada’

RIBADUMIA> Ribadumia vivirá este ano unha Festa do Tinto descafeinada. Coas verbenas e o clásico xantar suspendidos, a localidade resígnase de novo a limita-los festexos ao concurso-cata.  Este ano, malia ser un ano complicado, o número de adegas que participan roldan os 90.

Se o ano pasado tocaron festexos ‘distintos’ este ano Ribadumia tamén vivirá unha Festa do Tinto atípica. A celebración con maiúsculas do municipio  queda de novo sen verbenas nin xantar institucional por culpa da covid.

A esencia da festa si que se mantén malia a crise sanitaria, co concurso cata dos viños de Barrantes e autóctonos. A pesar das circuntancias atípicas a participación mantense alta.

Nesta edición, o goberno local descartou organizar inicias virtuais. O alcalde asegura que a festa non se adapta facilmente a eses formatos e que a través desas vías, perde a súa esencia.

Un argumento que, con todo, non convence á oposición. Formacións como Somos Ribadumia lamentan a falta de programación alternativa, acusando ó goberno local de ‘falta de ideas’.