BARBANZA> Das subvencións, que se realizarán a través da Axencia de Turismo de Galicia, poderán beneficiarse aqueles concellos que conten coa declaración de municipios turísticos. Concellos como Ribeira, a Pobra do Caramiñal, Rianxo, Muros ou Padrón serán algúns dos municipios que poderán beneficiarse desta orde de axudas da Xunta por un importe total de 250 mil euros para a contratación de persoal para as súas oficinas de turismo entre os meses de xuño e setembro. as axudas deberán ser xestionadas a través da Axencia de Turismo de Galicia. Unha das principais novidades da convocatoria este ano é que a subvención adecuarase ás necesidades que poida ter cada oficina en particular. o prazo para solicitar as axudas remata o día 27 deste mes de febreiro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia