A POBRA> O PP da Pobra demanda ó executivo un mellor mantemento dos espazos públicos do concello. Refírense especialmente á falta de limpeza e a abundancia de maleza en diversas rúas e sendas do municipio, como é o caso do paseo do Maño.
Ademais de parques, prazas e rúas, os populares da Pobra insisten na necesidade de acondicionar diversos espazos naturais e zonas de lecer do municipio, especialmente frecuentados durante o verán.
Consideran dende o Partido Popular que o mantemento das infraestruturas é clave á hora de atraer e fidelizar visitantes nunha época na que o turismo é clave para a reactivación económica.
Os populares non se refiren unicamente ó paseo do Xobre senón que denuncian tamén o mal estado do paseo das Xunqueiras ou a deficiente limpeza en varias rúas e prazas do casco urbano.