O pósito rianxeiro e Aspromeri convocan unha charla sobre o anteproxecto de Lei de Acuicultura

    RIANXO> Desenvolverase este próximo sábado no auditorio municipal a partir das once e media da mañá. O pósito rianxeiro e Aspromeri convocan esta xuntanza que terá lugar este próximo sábado no auditorio municipal a partir das once e media da mañá. A ela asistirán ademais do patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, o presidente de Opmega, Ricardo Herbón, o secretario de Aproamar, Francisco Iglesias, ou o biólogo Alberto de Coo, entre outros. A finalidade da mesma non é outra que analizar o futuro anteproxecto de Lei de Acuicultura que pretende aprobar o Goberno Autonómico que está a levantar o rexeitamento unánime por parte de todo o sector do mar. Segundo o patrón maior rianxeiro a súa aprobación suporía un grave prexuízo para o sector, do que vive directa ou indirectamente gran parte da poboación na Ría de Arousa.