De cómo amasar pan e outras artes…

 

PONTEVEDRA> Os amantes do pan están de noraboa porque o 26 deste mes chega a Pontevedra ‘Con moita miga’, a segunda edición das xornadas do pan galego. Charlas, talleres e catas dirixidos por profesionais a profesionais do sector, estudantes e cidadáns en xeral encherán catro días moi intensos.

 

 

Pontevedra toma o relevo de Santiago e dous anos despois da primeira edición, volve ‘Con moita miga’. As xornadas de exaltación do pan galego terán lugar do día 26 ó 29 deste mes con actividades dirixidas para a público profesional, estudantes do sector e cidadáns en xeral.

 

Entre as actividades máis destacadas, a celebración, o día inaugural, da ‘Noite branca do pan’. Panedeiros de toda España e profesionais do mundo da cociña percorrerán seis panaderías galegas para coñecer como se fai o pan na nosa terra.

 

A tarde do venres dedicarase ós hostaleiros de Pontevedra, cunha charla a cargo do chef Jesús Monedero na que lles explicará a importancia da calidade do pan nos seus establecementos. O sábado, na praza de Abastos de Pontevedra instalarase un expositor con variedades de pan, e realizaranse talleres de elaboración e cocido de pan galego.

 

O luns será o día dedicado ó sector profesional e ós estudantes dos ciclos medios de panadaría de Galicia, cunha xuntanza no pazo da Cultura na que tratarán cuestións técnicas da elaboración de pan, as claves de como xestionar un negocio de panadaría ou como vender este produto valéndose das novas tecnoloxías e do marketing.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/11/FEIRAPANPONTEVEDRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/11/FEIRA_PAN_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}