O PP de Sanxenxo acusa ao cuatripartito de paralizar a obra de Luís Rocafort

    SANXENXO> O PP de Sanxenxo acusa ao cuatripartito de ter paralizada dende que entraron no goberno a obra na Avenida Luís Rocafort que xa estaba adxudicada polo anterior goberno. A exedil María Deza asegurou que o grupo de goberno está dando escusas falsas e que se fora por eles a obra xa estaría rematada.

     

    Representantes do Partido Popular acusaban esta mañá ao grupo de goberno de Sanxenxo de mentir aos veciños nos datos relevantes á obra na Avenida Luis Rocafort que trataría de acondicionar e mellorar o acceso e a mobilidade nun dos puntos máis transitados da vila.

    Aseguran que o cuatripartito ten paralizada a obra dende que chegou ao goberno, cando esta xa estaba adxudicada polo anterior goberno. A voceira do PP afirmou que na presentación do proxecto o propio cuatripartito prometeu comezar a obra en setembro para tela lista para o verán de 2016, pero aínda non empezaron. E chama mentireiros a aqueles que afirmaron que o proxecto non estaba rematado.

    O PP asegura que a razón pola que se desbota esta obra é política, porque ata fai tres días, en palabras da súa voceira, o cuatripartito nunca se manifestara en contra. Pide seriedade e acusa ao goberno municipal de inactividade e de paralizar a administración.

    María Deza afirmou tamén que a Deputación desentendeuse desta obra porque non quere investir en Sanxenxo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/pp_luis_rocafort.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/pp_luis_rocafort.mp4{/flowplayer}