A Deputación de Pontevedra conta cun orzamento de case 161 millóns de euros para 2020

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá os seus orzamentos para 2020. En total, case 161 millóns de euros, un 2% máis que este ano. Entre os datos anunciados por Carmela Silva e César Mosquera destaca sobre todo a débeda. Nos últimos 4 anos, a institución provincial logrou reducir esta cifra nun 91%.

Case 161 millóns de euros. Ese é o presuposto co que contará a Deputación de Pontevedra no ano 2020. Unha cifra que supón un aumento do 2% con respecto aos orzamentos anteriores e que dará resposta ás 5 prioridades do novo mandato provincial. A sustentabilidade e transición ecolóxica; a economía, innovación e emprego; o avance socio-cultural e deportivo; a igualdade e a asistencia económica e técnica aos concellos. O dato máis destacado dos presentados esta mañá por Carmela Silva e César Mosquera corresponde á débeda.

A presidenta da Deputación fixo fincapé nos orzamentos destinados á asistencia económica e técnica aos concellos. En total, máis de 54 millóns de euros, dos que 42 corresponden ao Plan Concellos.

Carmela Silva non quixo pasar por alto os recursos que destina a institución provincial aos servizos e centros que non son da súa competencia.  Como poden ser a Escola de Enfermería, a de Cantería ou o Centro Príncipe Felipe.

A presidenta e o vicepresidente da Deputación coincidiron en que estes orzamentos demostran a capacidade de traballo e o bo funcionamento deste goberno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí