Afasal convida a lembrar ‘as músicas de sempre’

VILAGARCÍA> A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Vilagarcía, Afasal, celebra este domingo a súa tradicional gala benéfica na procura de fondos cos que seguir a súa actividade. Esta edición leva por título ‘AS músicas que non se esquecen’, e contará coa participación de 35 artistas.

 

 

Cancións de sempre, esas que nos acompañan pasen os anos que pasen. Serán o que poderán escoitar todos aqueles que este domingo asistan á Gala Afasal 2016.

 

Trinta e cinco artistas interpretarán 17 cancións en varios idiomas e en distintas modalidades: coros, dúos instrumentais e vocais, solistas, un cuarteto e un quinteto.

 

A sesión comezará ás nove da noite no Auditorio Municipal, e terá unha duración próxima ás dúas horas. Para asistir é preciso adquirir a entrada, ben a través do portal web ticketea.com, vía telefónica ou de xeito presencial o día da gala.

 

O custe das entradas, cinco euros, que irán doados a Afasal.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/GALA_AFASAL.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/GALA_AFASAL.mp4{/flowplayer}