![]()
LOUSAME> Das cinco alternativas que se barallaban para esta actuación, o goberno autonómico inclinouse pola que máis se axusta ao trazado existente.
Trátase da denominada polo equipo redactor do proxecto como a ‘opción verde’, xa que é a que implica menor impacto sobre o territorio. Así, actuarase sobre o mesmo trazado deste vial de pouco máis de dous quilómetros que une os núcleos de Tállara e Portobravo. Unicamente se desviará do actual vial na zona de Seidón co obxectivo de mellorar a seguridade vial ca eliminación de varios tramos de curvas.
{flowplayer}barbanza/actuacionviallousame.flv{/flowplayer}
A actuación, orzamentada nun millóns trescentos mil euros, inclúe un enlance co polideportivo municipal e o colexio Cernadas de Castro que permitirá acceder con maior facilidade ao recintos aos autobuses escolares.
O alcalde de Lousame espera aprobar o proxecto durante a celebración do pleno do vindeiro mes o que permitiría que, tras finalizar o período de licitación, os traballos se iniciasen no mes de abril. O plazo de execución das obras estímase como máximo en trece meses.
Ademáis deste proxecto, Santiago Freire deu conta doutras actuación viarias que rematarán por vertebrar Lousame ca comarca da Barbanza e Muros-Noia. O rexedor anunciou que proximamente a Xunta dará a coñecer a alternativa escollida para unir Portobravo co corredor Brión- Noia, dende Sampaio. A Consellería de Infraestruturas estuda se realizar un vial que cruce o municipio de Lousame ata Brandia ou levar o trazado polo territorio do concello de Noia.
Redacción Barbanza








