A policía local de Noia invita ó concello a negociar melloras laborais

polinoia_100_210408.jpg NOIA > A policía local de Noia atravesa estes días unha situación semellante á vivida noutros concellos galegos, coa metade da plantilla de baixa.

{flowplayer}barbanza/polinoia.flv{/flowplayer}

A historia repítese en Noia. Sete axentes do cadro de persoal da policía atópanse de baixa por mor das condicións laborais que soportan no seu traballo. Este luns os catorce policías que integran a plantilla reuníronse con representantes das organizacións sindicais CCOO, UXT, CIG, CSI-CSIF e o sindicato profesional de policía.

Mesa de negociación

No transcurso da xuntanza acordaron solicitar ó concello a apertura dunha mesa de negociación para conquerir unha serie de melloras que poñan fin á situación creada neste corpo.

Melloras laborais

Entre as reclamacións dos axentes figuran a consecución de mellores condicións laborais así como o cumprimento de determinadas cláusulas da lei de coordinación de policías locais e do estatuto básico do empregado público, como é a reclasificación das categorías.

Os representantes sindicais agardan que o concello acceda a negociar as peticións dos policías así como doutros sectores da función pública.

Redacción Barbanza