RIBEIRA> AMBAR presentaba as súas propostas ó Plan de Accesibilidade que está a elaborar o concello de Ribeira. O documento, entregado xa ó executivo, recolle unha serie de eivas detectadas ó longo de todo o municipio e que afectan no seu día a día ás persoas con mobilidade reducida. Dende a súa fundación, hai máis de trinta anos, a asociación Ambar traballa coa finalidade de integrar e mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, sexa física ou intelectual. Un dos principais problemas cos que se levan enfrontado nestes anos é o das barreiras arquitectónicas existentes nos espazos e edificios públicos, nos transportes, na comunicación e tamén nos servizos da administración pública. Un problema que dificulta e prexudica a integridade real das persoas con mobilidade reducida, pero tamén do resto.. Con este Plan de Accesibilidade que está a elaborar, o concello de Ribeira pretende poñer fin ó problema da accesibilidade, para o que pediu o asesoramento de Ambar, que realizou un importante traballo de campo para detectar aquelas eivas máis importantes, poñendo enriba da mesa as dificultades que teñen as persoas con algún tipo de discapacidade para poder moverse polo concello. Dende Ambar expuxéronse ademais dúas demandas fundamentais: a dotación de Plans de accesibilidade en cada municipio e a adopción de Ordenanzas municipais de accesibilidade universal.O documento de achegas foi entregado hoxe por rexistro no Concello e tamén remitido a empresa IDOM que é a encargada da elaboración do Plan de Accesibilidade en Ribeira.
Inicio Barbanza - Muros - Noia