Marcha conxunta no Barbanza en contra da reforma laboral

    folga.jpgRIBEIRA> As centrais sindicais UXT e CCOO no Barbanza celebraron unha asemblea de delegados para informalos da convocatoria de folga do día 29.

    {flowplayer}barbanza/sindicatosfolga.flv{/flowplayer}

    Na asamblea participaron máis dun cento de delegados de ámbolos dous sindicatos de empresas da comarca da Barbanza pertencentes a todos os sectores económicos, dende o eido conserveiro, pasando pola construción ou o sector da automoción. O obxectivo era transmitir ós traballadores a mensaxe que se quere reivindicar ca folga.

    Segundo explicou Xosé Manuel Sánchez, Secretario Xeral de Comisións Obreiras en Galicia, os sindicatos non poden consentir que o goberno central siga acurtando prestacións sociais. Comenzouse cun axuste salarial dos empregados públicos ata chegar a conxelación das pensións ou recortes nas axudas da lei de Dependencia.

    ‘Única saída’

    Pola súa banda, o Secretario Xeral de UXT, José Antonio Gómez explicou que a folga é a única saída, logo de que se esgotaran todas as vías de negociación co goberno para que non se levara a cabo a reforma laboral, a que cualificou de inxusta e estéril, porque, dixo, “non servirá para crear emprego”.

    Ámbolos dous representantes sindicais fixeron un chamamento á secundar o paro xeral. Na Barbanza, terá lugar unha movilización conxunta que sairá da praza do Mercado en Ribeira as doce do mediodía. Os convocantes non dubidan que esta folga será todo un éxito de participación.

    Redacción Barbanza