Protesta no IES Leliadoura ante a falta de conserxes no centro

    leliadoura_100_03102006.jpgRIBEIRA > O IES Leliadoura, de Ribeira, permaneceu pechado en sinal de protesta pola falta de conserxes no centro.

    Catrocentos vinte alumnos, sesenta e tres profesores e cinco traballadores que conforman o persoal non docente do centro permaneceron ás portas do instituto. Esta ‘non apertura’, como eles mesmos a cualifican, constitúe unha medida de presión para cubrir canto antes as vacantes na conserxería. Na actualidade, o centro non conta con ningún traballador que desempeñe estas tarefas polo que son os propios mestres os encargados de abrir e pecha-las portas, facer fotocopias ou repartir o material docente.

    Esta problemática non é nova posto que o centro ribeirés xa tiña solicitado o nomeamento dun conserxe dende o pasado mes de agosto, cando un dos dous bedeis que traballaban no instituto deixou a súa praza. A situación agravouse coa renuncia, a pasada semana, do outro conserxe deixando ó centro sen ningún traballador que desempeñe estes labores.leliadourainspector_200_03102006.jpg

    A dirección do centro é consciente da demora que suporá a designación das novas prazas pero instan á Xunta de Galicia a buscar unha solución urxente, aínda que sexa de xeito provisional. A resposta da administración non se fixo agardar e  un representante da Consellería de Administracións Públicas desprazouse esta mañá ata o centro para coñecer de preto a situación. Durante o seu encontro coa comunidade educativa prometeu buscar unha solución axiña co obxectivo de que s epoidan reanuda-las clases mañá mesmo. De non ser así, profesores e alumnos do Leliadoura volverán concentrarse ás portas do instituto.

    Redacción Barbanza