![]()
VILAGARCÍA> As obras consisten na pavimentación das rúas con enlousado de pedra granítica, a instalación dun novo alumeado público a base de luminarias de deseño e papeleiras.
{flowplayer}images/salnes/HUMANIZACION_CARRIL_VILAXOAN.flv{/flowplayer}
Os traballos realizaranse en 10 meses e suporán un investimento de 900.000 euros e, sobre todo, un cambio sensible na imaxe dos dous conxuntos históricos. Ademais, tendo en conta que houbo unha rebaixa de case 400.000 euros sobre o inicialmente previsto, este cartos tamén se aplicarán a amplialo número de rúas afectadas pola humanización.
Ambos proxectos suscitaron un gran interese por parte das empresas, chegaron a presentarse ata 17 proxectos. Pero, finalmente, foi a mediados de xaneiro cando o goberno municipal, á vista dos informes técnicos, decidiu adxudicar as obras de Carril a Sercoysa Proxectos e Obras SA; no caso de Vilaxoán a Marco, Obras e Proxectos de Arousa.
O proxecto de humanización e unificación do mobiliario e iluminación de Carril,. afectará á Rúa do Carmen, principio da rúa Lucena, travesía do Carmen e Lucena e parte da praciña de Portugalete. En Vilaxoán, as rúas beneficiadas son as de Alfredo Saralegui, Rúa Cañotas, Rúa Eiras e a primeira travesía Rafael Pazos.
As obras consisten na pavimentación das rúas con enlousado de pedra granítica, a instalación dun novo alumeado público a base de luminarias de deseño, e a colocación de papeleiras acordes coa estética do entorno. Aproveitarase o levantamento das rúas para limpar, acondicionar a rede municipal de saneamento e se comprobará o estado do suministro de auga.
Redacción Salnés









