O concello da Pobra celebra diversos actos de homenaxe a Rosalía

POBRA> O O primeiro deles terá lugar xa este próximo mércores, coincidindo coa data do176 aniversario do seu nacemento, e consistirá na lectura dunha declaración institucional. Será a unha e media da tarde na praza Rosalía de Castro. Atendendo a un acordo plenario tomado xa o pasado ano, a raíz dunha iniciativa presentada polo BNG, o concello da Pobra do Caramiñal desenvolverá esta semana diversos actos de homenaxe á escritora Rosalía de Castro cando se cumpre o 176 aniversario do seu nacemento. O primeiro deles terá lugar xa este próximo mércores e consistirá na lectura dunha declaración institucional. Dende o concello fan un chamamento ós veciños a participar nestes actos pendurando nos seus balcóns a bandeira de Galicia ou poemas ou fotografías da autora de Cantares Gallegos. Os actos terán continuidade o domingo a partir das doce e media da mañá nos xardíns de Valle-Inclán. Ese día haberá tamén unha lectura pública da súa obra na que poderán participar tódolos veciños que o desexen. Ó remate do acto desenvolveranse diversas actuacións de musica tradicional a cargo dos grupos Xiada, Ruadiña, Luminaria e Rianxeiras da Covecha así como tamén de Mariló.