O PSOE de Boiro reclama a apertura do parquing de A Boqueira

    BOIRO> Despois dunha visita realizada as instalacións para comprobar o seu estado, os socialistas consideran que non existen razóns de peso para mantelas pechadas. Con esta nova denuncia, os socialistas reclaman que o executivo poña dunha vez por todas en funcionamento o parking municipal de A Boqueira de A Negral. Despois dunha visita realizada as instalacións, na que puideron comprobar de primeira man o seu estado, volven facer esta solicitude ó non entender como a día de hoxe aínda permanecen pechadas. Segundo eles a decisión de ter esta infraestrutura sen uso responde a un mero capricho do propio alcalde.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí