Cambados contará cunha brigada de BATA

    CAMBADOS> Tres persoas con discapacidade psíquica pertencentes á asociación BATA traballarán a partir de marzo acondicionando espazos públicos forestais de Cambados. Concello e entidade asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que esta brigada despregará os seus servizos durante dez meses. Unha iniciativa coa que se pretende seguir avanzado na integración sociolaboral dos usuarios de BATA.

     

     

    Supervisados por un preparador laboral, tres usuarios da Asociación Tratamento do Autismo BATA traballarán a partir do un de marzo e ata finais de ano para o concello de Cambados. Constituirán unha brigada que se encargará do mantemento, limpeza e conservación do entorno do Muíño da Seca e o monte da Pastora.

     

    A colaboración entre BATA e o concello de Cambados materializouse esta mañá coa sinatura dun convenio que supón un paso máis na integración sociolaboral das persoas con algún tipo de discapacidade psíquica.

     

    Este non é o primeiro convenio laboral que asina BATA con concellos do Salnés e Ulla Umia para lograr que os seus usuarios se introduzan no mercado laboral. A día de hoxe teñen brigadas en Vilagarcía, Ribadumia e están en negociacións con Valga.

     

    O concello cambadés colaborará economicamente, cunha achega de seis mil euros.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/CONVENIO_BATA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/CONVENIO_BATA.mp4{/flowplayer}