Rajoy presidirá o Congreso Provincial do PP

PONTEVEDRA> Mariano Rajoy presidirá o Congreso Provincial do Partido Popular en Pontevedra.


A cita será o vindeiro 13 de marzo, e o presidente do goberno en funcións acudirá para arroupar ao único candidato a substituír a Rafael Louzán: o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Ata ese momento, Rueda ten unha axenda apretada para escoitar aos afiliados e ás súas propostas para o futuro do Partido Popular provincial. Esta fin de semana visitará a comarca de O Salnés. A vindeira semana, manterá un encontro cos afiliados da capital. No seu papel como secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda asegurou que o congreso galego se celebrará en abril ou maio, e agarda que Alberto Núñez Feijóo volva presentarse como candidato do PP á presidencia da Xunta de Galicia.